INFORMACIÓN DA ORIENTADORA Bo día,     * Acaba de publicarse o calendario de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2020-21. O prazo de solicitude, tanto o réxime ordinario como o de adultos, vai do 25 de xuño ao 8 de xullo ata ‪ás 13h‬. A xestión realízase a través da aplicación online, que estará habilitada en ditas datas. Ademais en breve a consellería publicara a oferta de ciclos para o vindeiro curso escolar e a información para o proceso de admisión a: – Ciclos Medios http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021
- Ciclos Superiores http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-superior Tamén está publicado o calendario de admisión a FP Dual do 25 de xuño ao 8 de xullo ata ‪ás 13h‬, que ten un proceso de solicitude diferente http://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2020   * Aproveito tamén para recordar as datas da ABAU: 7, 8 e 9 de xullo e confirmar o lugar de realización do alumnado do IES Salvador de Madariaga: Comisión Delegada 07B: Facultade CC Educación Campus Elviña. Consulta en https://ciug.gal/PDF/comisionsdelegadas.pdf   * Ademais, recordar o prazo de admisión das ensinanzas de réxime especial que indicamos a continuación do 18 ao 29 de xuño. Admisión nas ensinanzas superiores de Música 2020 1º Ter algún dos seguintes REQUISITOS ACADÉMICOS: Título de Bacharelato ou equivalente. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel, no prazo extraordinario de matrícula, se houbese vacantes. Título de licenciado ou graduado universitario. Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 16 anos, ter superada unha proba substitutiva dos requisitos de titulación. * 2º Superar unha Proba específica de aptitudes: Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. A media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos Estudos Superiores de Música terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecemen tos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. *   Admisión ós estudos superiores de Deseño 2020 1º Ter algún dos seguintes REQUISITOS ACADÉMICOS: Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato. Título de licenciado ou graduado universitario. Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño (teñen acceso directo). Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba substitutiva dos requisitos de titulación. * 2º Superar unha proba específica de aptitudes: Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspiran te posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes. A superación da proba solo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión. Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba acreditando documentalmente a súa condición de discapacidade (acreditación oficial).  Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.  * ACCESO DIRECTO: Terán acceso directo, sin ter que realizar esta proba específica de aptitudes os que teñan un título de Técnico superior en artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. Deberán participar igualmente no proceso de admisión.  *   Admisión en estudios Superiores en Arte Dramática 2020 1º Ter algún dos seguintes REQUISITOS ACADÉMICOS: Bacharelato ou equivalente. No caso de ter materias pendentes de bacharelato poderanse inscribir no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato. Título de licenciado ou graduado universitario Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba substitutiva dos requisitos de titulación. Data realización 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago. * 2º Superar unha Proba específica: Superar unha proba específica, obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos ou superen a proba substitutiva. De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, e axustarase ao disposto no artigo 5 da citada orde, segundo a especialidade para a que se opte. * Admisión á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2020. 1º Ter algún dos seguintes REQUISITOS ACADÉMICOS: Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes. Título de licenciado ou graduado universitario. Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba substitutiva dos requisitos de titulación. Data realización 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago. * 2º Superar unha proba específica de aptitudes: Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes * Acceso directo: Poderá acceder sen necesidade de realizar esta proba específica de aptitudes quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. Deberán forma lizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario establecido nesta resolución. Un saúdo, Sonia de la Iglesia Orientadora IES Salvador de Madariaga

  • http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8780

https://ciug.gal/PDF/calendarioabauacceso20.pdf

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8782