INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA MUNICIPAL “IDIOMAS DO MUNDO”

O programa educativo “IDIOMAS DO MUNDO” ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no mes de xullo de 2020, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de xeito oficial o nivel acadado consonte o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL); ademáis de participar nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación dos participantes no respecto á diversidade e á igualdade, ao tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.   A convocatoria e as bases (e anexos) pódense consultar no seguinte ligazón: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/detalle-programa/idiomas-do-mundo/contenido/1453657207206 Servizo Municipal de Educación Concello da Coruña Teléfono: 981.184.200 Fax: 981.184.397