RGPD

Información para socios sobre seguridade e protección de datos 

ResponsableAnpa IES Salvador de Madariaga-Uno
FinalidadeXestión das relacións con socios
LexitimaciónExecución da relación da Anpa cos seus asociados
DestinatariosNon se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.
DereitosTen dereito a acceder, rectificar e eliminar os datos; así como outros dereitos, segundo se explica na información adicional
Información Adicionalhttps://anpa-iessalvadordemadariaga.es/RGPD

Responsable do tratamento dos datos

ANPA IES Salvador de Madariaga-Uno

Dirección postal:  Edificio IES Salvador de Madariaga – Planta Baixa

Paseo de Ronda, 49,  15011 A Coruña

Teléfono: 644511675

Correo electrónico: anpa.iessalvadordemadariaga@gmail.com

Páxina web: https://anpa-iessalvadordemadariaga.es/

 

Finalidade do tratamento dos datos

O ANPA trata os datos que nos facilitas para proporcionar os servizos aos socios, tales como envío de correos informativos, altas e inscricións e xestión das diferentes actividades.

Os datos trátanse durante a túa relación como asociado co Anpa, e serán destruídos ao finalizar a mesma.

 

Lexitimación para o tratamento dos datos

Para ofrecerche certos servizos é necesario que o Anpa che  solicite uns datos mínimos. Os datos se recollen por medios telemáticos e podes modificalos en calquera momento.

Estes datos recóllense nos formularios de xestión de socios dispoñibles en formato electrónico. Os datos recogidos a través destes formularios seranche enviados ás túas direccións de correo de contacto para que os revises e valides. 

As modificacións destes datos poderás realizalas a través de formularios ou a través de correo electrónico.

A negativa ao tratamento dos datos mínimos provocará a baixa como socio, dada a imposibilidade nestes casos de ofrecerche o servizo.

 

Comunicación de datos a outros destinatarios

O ANPA non contempla ningunha cesión de datos a terceiros.

 

Os teus dereitos con respecto ao tratamento dos datos

Tes dereito a solicitar o acceso aos datos persoais que estamos tratando e a obter unha copia dos mesmos.

Tes dereito a solicitar a súa rectivicación ou supresión, e a opoñerte ao seu tratamento; se ben esto podería ocasionar a baixa como socio por non poderche ofrecer os servizos de forma correcta.

Poderás exercitar os teus dereitos poñéndote en contacto co responsable do tratamento indicado un pouco máis arriba.