Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), convidámosvos a participar na última das actividades que se desenvolverán en torno ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Neste caso contaremos cunha representación de teatro:
“A Nena que quería navegar”, a cargo da Compañía Redrum Teatro.
Trátase dunha representación para público familiar que trata de visibilizar e abordar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Espectáculo optimista, colorista, emocionante e reflexivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Data: 17 de decembro
Horario: 18:30 a 19:10 h.
Lugar: salón Actos Centro Cívico de Os Mallos
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Un saúdo
Equipo Igualdade Centro Información a la Mujer (CIM)e-mail: mailto:cim@coruna.gal
Rúa Hortensias nº 11A Coruña, 15008
Teléfono: 981 18 43 56