O vindeiro venres 27 de outubro, as familias voluntarias do ANPA do noso instituto levarán a cabo o tradicional magosto que se vén organizando durante os últimos anos. Estarán desde primeira hora no instituto preparándoo todo, para repartir máis de 100Kg de castañas asadas, que esperamos que cheguen para todo o alumnado e docentes, porque este tempo seguro que fai que apetezan moito a media mañá…
Esperamos que o gocedes e contamos con poder deixarvos algunhas fotos do evento nos próximos días.