Convite obra de teatro “A Nena que quería navegar”

Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), convidámosvos a participar na última das actividades que se desenvolverán en torno ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Neste caso contaremos cunha representación de teatro:

“A Nena que quería navegar”, a cargo da Compañía Redrum Teatro.

Trátase dunha representación para público familiar que trata de visibilizar e abordar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.  Espectáculo optimista, colorista, emocionante e reflexivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Data: 17 de decembro
Horario: 18:30 a 19:10 h.
Lugar: salón Actos Centro Cívico de Os Mallos

Entrada libre e de balde ata completar aforo

Un saúdo

Equipo Igualdade Centro Información a la Mujer (CIM)e-mail: mailto:cim@coruna.gal

Rúa Hortensias nº 11A Coruña, 15008

Teléfono: 981 18 43 56