Asemblea Extraordinaria Xunio 2025

A Vicepresesidenta do ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais e nais  asociados á seguinte Asemblea Xeral Extraordinaria

Lugar e Data

Día: xoves 05 de xunio do 2025
Hora: 18:30 en primeira convocatoria, e 19:00 en segunda convocatoria
Lugar: Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga


Orde do Día
  • Exposición sobre a  situación actual da Xunta Directiva e a necesidade de relevo de cargos no vindeiro curso 
  • Votación sobre a continuidade de certas actividades
    • Votación sobre a continuidade do Banco de Libros durante o curso 2025/2026
    • Votación sobre a continuidade do English Club durante o curso 2025/2026
  • Rogos e Preguntas
 
No caso de non poder asistir e querer delegar o voso voto, podedes empregar o modelo dispoñible no seguinte enlace:   ANPA IESSDM – Delegacion de Voto

English Club

O English Club é unha actividade extraescolar coordinada desde o Anpa e  impartida  pola empresa colaboradora  Ludus English.

A actividade desenvólvese en tres grupos:

  • Xoves 16.30-18.30 no propio instituto
    • English Club para alumnos de 1º, 2º e 3º ESO.
  • Venres 16.30-18.30 no centro adscrito “Nosa Señora de Lourdes”
    • English Club para alumnos de 1º, 2º e 3º ESO.
    • Clases de conversación avanzada para 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH 

A actividade ten un custo de 22,50 €/mes; e para participar nela é imprescindible ser socio do ANPA.

Os interesados podedes solicitar a inscrición achegando o formulario á dirección de correo Ludus English

 

Tedes toda a información na páxina do  English Club