Banco de Libros

Reactivación do Banco de Libros

Como sabedes, hai unhas semanas renovouse a xunta directiva do ANPA Salvador de Madariaga. Unha vez formado o novo equipo, un dos nosos primeiros obxectivos é o de reactivar o banco de libros que tradicionalmente funcionaba tan ben e que axudaba ás familias para facer fronte aos gastos de principios de curso.

Pero como primeiro paso da reactivación do Banco, precisamos retirar o material acumulado que xa non é válido.

 

O cambio á lei educativa LOMLOE que empezou a implantarse no curso 2022/2023 implicou o cambio dos libros de texto; polo cal a maioría dos nosos libros perderon o seu obxectivo principal.

Pero estes libros, aínda que xa non poden ser empregados como libros de texto,  poden servir de consulta ou reforzo educativo en casa. 

Por esa razón, poñemos todos estes libros á disposición da comunidade educativa do seguinte xeito:

 

Todo aquel interesado poderá solicitar libros enviando un correo co seguinte formato:


A: anpa.iessalvadordemadariaga@gmail.com

Asunto: [SOLICITUDE LIBROS] 

No corpo da mensaxe indicade a materia e o curso dos libros nos que estades interesados.


 

No caso de recibir varias solicitudes, daráselle prioridade ás familias socias do Anpa; seguidos polos docentes do centro; e finalmente, o resto das familias.

A data límite de recepción de solicitudes será o 20 de Febreiro.

 

En caso de poder atender a vosa solicitude, acordaremos unha data para que podades recoller o material no local do  Anpa. 

Unha vez concluído este proceso, todo o material que non sexa recolleito será trasladado ao punto limpo para a súa posterior reciclaxe.

 

Imaxes de Freepik

XII Xornada ADAFAD “Salud mental”

Achegamos a seguinte información esperando vos resulte de interese.
 
A Asociación  Emilia Gomez ADAFAD desenvolve una Xornada Técnica na que  comparten reflexións e debate con compañeiros dos ámbitos da saúde, dos servicios sociais e da educación; e tamén con estudiantes dos últimos cursos.
 
O tema da XII edición é “Salud mental y Adolescencia”. Podedes consultar o programa completo XII JORNADA ADAFAD. 2024
 
Cando: Luns 22 de xaneiro en horario de mañá e tarde
Onde: Fundación Paideia, Plaza María Pita, 17. 15001. A Coruña.
Custo: De balde
 
 
 

Asamblea Extraordinaria Xaneiro 2024

A presidenta da ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais e nais de alumnos socios
do centro, a Asamblea Xeral Extraordinaria que se levará a cabo o mércores 24 de xaneiro de 2024
ás 18:15 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria no salón de actos do
instituto, coa seguinte


ORDE DO DÍA:

  1. Elección dos membros da Xunta Directiva.
  2. Rogos e preguntas.

 

Podes consultar os detalles no seguinte enlace: Convocatoria Asamblea Xeral Extraordinaria Xaneiro 2024