Iniciamos o curso 2025/2026 !
Lembra asociarte ou renovar a túa afiliación cubrindo o seguinte formulario:
ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA
Sitio das nais e pais de alumnos do IES Salvador de Madariaga – A Coruña
Iniciamos o curso 2025/2026 !
Lembra asociarte ou renovar a túa afiliación cubrindo o seguinte formulario:
A Vicepresesidenta do ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais e nais asociados á seguinte Asemblea Xeral Extraordinaria
O próximo martes 3 de decembro ás 18.00 convidámosvos a asistir á charla de Saúde Emocional impartida pola colaboradora Raquel Fernández Domínguez.
A charla terá lugar no Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga
Neste obradoiro, Raquel Fernández axudaranos a comprender mellor o funcionamento do cerebro adolescente e o papel crucial das relacións de apego no seu desenvolvemento emocional. Exploraremos como estas conexións inflúen na capacidade de xestión emocional e a resiliencia dos adolescentes antes as dificultades.
Esta charla forma parte do Escola de Nais e Pais, un programa impulsado polo Anpa coa colaboración do Centro Educativo.
A charla é de balde; e podédesvos inscribir neste enlace
Raquel Fernández é educadora social e pedagoga cunha amplia traxectoria no ámbito da saúde mental. Conta con máis de 15 anos de experiencia traballando con menores gravemente traumatizdos, ofrecendo apoio ás súas familias e supervisión a profesionais de protección infantil. Ademais, imparte formación sobre apego, regulación emocional e trauma para educadores, profesionais da protección á infancia e familias; contribuíndo á prevención e coidado emocional dos menores.
A academia Ludus English organiza un ano máis estas viaxes con prezos especiais para membros da ANPA
A inscripción remata o 30 de Novembro.
IRLANDA 13 – 27 XULLO 2025
Dúas semanas en Ennis coa ATLAS Language School. Inclúe:
QUEDAN 15 PRAZAS
LONDRES 25 XUÑO- 01 XULLO 2025
Unha semana de inmersión lingüística e cultural na cidade.
QUEDAN 11 PRAZAS
Podes inscribirte enviando nome do alumno, idade, centro educativo, DNI, nome dos pais e
teléfonos de contacto a:
info@ludusenglish.com
Whatsapp ao teléfono: 675 551 754
Para máis información: https://ludusenglish.com/inmersiones/
O banco de libros precisa libros de 2º de bacharelato!!
Se remataste a túa etapa educativa e non precisas os libros, a túa doazón pode axudar aos teus compañeiros!
Podes deixar os teus libros no local da ANPA os días 3 e 4 de setemboro, a partir das 10.30.
Moitas grazas pola túa colaboración e por apoxar á comunidade educativa