Banco de Libros

Banco de Libros Solidario 2024/2025

Para o vindeiro curso retomamos o Banco solidario de Libros.

Podes consultar todos os detalles no seguiente enlace:  Normas do Banco de Libros 20242025

Se estás interesado en doar, estaremos presencialmente no local do Anpa do IES os seguintes días:

  • 26, 27 e 28 de xunio, en horario de 10.00 – 13.00

Tamén podes deixar a túa aportación ao banco de libros en conserxería. 

Lembra traelo nunha bolsa pechada e co teu nome e cunha das seguintes follas cumprimentadas

Impresos do Fondo de Libros

 

 

 

 

Banco de Libros

Reactivación do Banco de Libros

Como sabedes, hai unhas semanas renovouse a xunta directiva do ANPA Salvador de Madariaga. Unha vez formado o novo equipo, un dos nosos primeiros obxectivos é o de reactivar o banco de libros que tradicionalmente funcionaba tan ben e que axudaba ás familias para facer fronte aos gastos de principios de curso.

Pero como primeiro paso da reactivación do Banco, precisamos retirar o material acumulado que xa non é válido.

 

O cambio á lei educativa LOMLOE que empezou a implantarse no curso 2022/2023 implicou o cambio dos libros de texto; polo cal a maioría dos nosos libros perderon o seu obxectivo principal.

Pero estes libros, aínda que xa non poden ser empregados como libros de texto,  poden servir de consulta ou reforzo educativo en casa. 

Por esa razón, poñemos todos estes libros á disposición da comunidade educativa do seguinte xeito:

 

Todo aquel interesado poderá solicitar libros enviando un correo co seguinte formato:


A: anpa.iessalvadordemadariaga@gmail.com

Asunto: [SOLICITUDE LIBROS] 

No corpo da mensaxe indicade a materia e o curso dos libros nos que estades interesados.


 

No caso de recibir varias solicitudes, daráselle prioridade ás familias socias do Anpa; seguidos polos docentes do centro; e finalmente, o resto das familias.

A data límite de recepción de solicitudes será o 20 de Febreiro.

 

En caso de poder atender a vosa solicitude, acordaremos unha data para que podades recoller o material no local do  Anpa. 

Unha vez concluído este proceso, todo o material que non sexa recolleito será trasladado ao punto limpo para a súa posterior reciclaxe.

 

Imaxes de Freepik