A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, un ano máis, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2017/2018 no IES SALVADOR DE MADARIAGA e que estean en bo estado.
Todo o alumnado e as súas familias poden participar entregando libros de texto de calquera curso. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.
As datas para doar ós libros serán ós dias 27, 28 e 29 de xuño no local da ANPA en horario de 10,00 a 13 h..
IMPORTANTE: Non esquezades que está aberto o prazo para solicitar ás axudas de libros e material escolar da Xunta de Galicia (FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DO IES SALVADOR DE MADARIAGA), e que, dito prazo, remata o 23 de xuño. Todoslos anos hai que facer a solicitude si se quere seguir disfrutando de esas axudas.