Inmersións lingüísticas en Irlanda e Reino Unido

A academia Ludus English organiza un ano máis estas viaxes con prezos especiais para membros da ANPA

A inscripción remata o 30 de Novembro.

IRLANDA 13 – 27 XULLO 2025

Dúas semanas en Ennis coa ATLAS Language School. Inclúe:

  • Bus ao aeroporto de Santiago
  • Vóos Santiago / Dublín
  • Bus a Ennis
  • Aloxamento coas familias irlandesas e pensión completa
  • 20 horas de clases de inglés á semana e probas de nivel
  • Actividades deportivas e culturais
  • 5 excursións

QUEDAN 15 PRAZAS

    • 2.400€ por alumno (entre 12 e 17 anos)
    • 2.300 para participantes na actividade English Club
    • 5% de rebaixa a irmáns

LONDRES 25 XUÑO- 01 XULLO 2025

Unha semana de inmersión lingüística e cultural na cidade.

  • Aloxamento nun hostel céntrico con almorzo
  • Obradoiros lingüísticos con alumnos londinenses
  • Visita aos lugares e museos máis emblemáticos
  • Tarxeta de transporte 7 días, entrada ao London Eye
  • Seguro de cancelación e asistencia en viaxe

QUEDAN 11 PRAZAS

  • 1.375€ por alumno (entre 12 e 17 anos)
  • 1.275€ para os participantes na actividade English Club
  • Deben levar mínimo de 180 libras para comidas e ceas
  • 5% de rebaixa a irmáns

Podes inscribirte enviando nome do alumno, idade, centro educativo, DNI, nome dos pais e
teléfonos de contacto a:

info@ludusenglish.com
Whatsapp ao teléfono: 675 551 754

Para máis información: https://ludusenglish.com/inmersiones/

Tes libros de 2º de bacharelato na casa?

O banco de libros precisa libros de 2º de bacharelato!!
Se remataste a túa etapa educativa e non precisas os libros, a túa doazón pode axudar aos teus compañeiros! 
Podes deixar os teus libros no local da ANPA os días 3 e 4 de setemboro, a partir das 10.30.

Moitas grazas pola túa colaboración e por apoxar á comunidade educativa

Banco de libros: solicitude de libros excedentes

Os días 26 e 27 de agosto poderanse solicitar os libros que aínda están sen adxudicar tras o reparto do libros efectuado nos meses de xuño e xullo.

Recolleranse solicitudes só de forma presencial, no local da Anpa do IES, en horario de 10.30 a 12.30 horas; non se admitirán solicitudes por correo electrónico.

Nos días seguintes, avisaremos ás familias que obteñan os libros para que podan recollelos nos días 3 e 4 de setembro, no mesmo horario.

Os libros dispoñibles son os seguintes:

1º da ESO:
– Lingua castelá: 5
– Lingua galega: 5

3º da ESO:
– Lingua castelá: 3
– Lingua galega: 3
– Física e Química: 2
– Valores: 3
– Francés: 1

1º BACH:
– Física: 1
– Matemáticas I: 3
– Bioloxía: 1
– Debuxo Técnico: 1

Recollida e solicitude no banco de libros

As familias que aínda queiran doar para o banco de libros poden facelo de dúas maneiras:

– Levalos ao instituto no mes de xullo, en horario de mañá e deixalos en conserxería

– Todos os xoves de xullo entre as 11.00 e as 12.30 haberá alguén no local da Anpa para calqueira dúbida

– Podes consultar todos os detalles no seguiente enlace:  Normas do Banco de Libros 20242025

– Lembra asociarte ou renovar a túa afiliación cubrindo o formulario: Alta Socio Curso 2024/2025 

A última semana de xullo/primeira de agosto informaremos por correo electrónico a cada familia dos libros asignados que lle corresponden.

Moitas grazas a todos e feliz verán