Calendario 2Bach-Abau 2024

Achegamos o calendario de datas  no proceso de calificacións de 2 Bacharelato e matriculación na Abau.

É moi importante que o alumnado asista á reunión convocada o mércores 15/05 ás 12.30h no Salón de Actos do centro. Nesta reunión resolveranse todas as dúbidas relativas ao procedemento.

Calendario 2Bach

No caso de presentar reclamación ás calificacións de 2º Bacharelato, é fundamental respectar o procedemento definido pola Consellería e ter en conta as datas de reclamacións.

Os detalles deste procedemento pódense consultar en Instrucións Reclamacions

CalendarioReclamacions

Mais información na web do centro: Instrucións ABAU 2024

Charla TDAH para familias

O próximo mércores día 10 de abril ás 18.00 convidámosvos a asistir á charla de TDAH impartida pola colaboradora Mary Luz Fernández Álvarez
Mary Luz conta con mais de 20 anos de experiencia tanto no eido do diagnóstico como asesorando a familias e profesionais, ademais de facer intervención en contexto natural con  alumnos con discapacidade. Dende  fai 15 anos traballa como PT e orientadora no CPR  de Agarimo. A súa traxectoria profesional ten un marcado carácter sistémico ao amparo da teoría do procesamento da información en base as fortalezas e debilidades cognitivas do alumno.
 
Esta actividade está orientada a pais e nais.
 
Mediante unha sesión informal, Mary Luz ofrécenos manter un diálogo coas familias para expoñer e explicar en qué consiste este trastorno; así como orientar a pais e nais no uso de técnicas e ferramentas que melloren as relacións de convivencia e a capacidade de traballo.
 
Á charla están convidadas todas as familias interesadas do  IES Salvador de Madariaga como do CEIP Emilia Pardo Bazán. A duración aproximada será de 90 minutos.
 
Por control de aforo, agradecemos aos interesados que realicedes a vosa inscrición no seguinte enlace
Banco de Libros

Reactivación do Banco de Libros

Como sabedes, hai unhas semanas renovouse a xunta directiva do ANPA Salvador de Madariaga. Unha vez formado o novo equipo, un dos nosos primeiros obxectivos é o de reactivar o banco de libros que tradicionalmente funcionaba tan ben e que axudaba ás familias para facer fronte aos gastos de principios de curso.

Pero como primeiro paso da reactivación do Banco, precisamos retirar o material acumulado que xa non é válido.

 

O cambio á lei educativa LOMLOE que empezou a implantarse no curso 2022/2023 implicou o cambio dos libros de texto; polo cal a maioría dos nosos libros perderon o seu obxectivo principal.

Pero estes libros, aínda que xa non poden ser empregados como libros de texto,  poden servir de consulta ou reforzo educativo en casa. 

Por esa razón, poñemos todos estes libros á disposición da comunidade educativa do seguinte xeito:

 

Todo aquel interesado poderá solicitar libros enviando un correo co seguinte formato:


A: anpa.iessalvadordemadariaga@gmail.com

Asunto: [SOLICITUDE LIBROS] 

No corpo da mensaxe indicade a materia e o curso dos libros nos que estades interesados.


 

No caso de recibir varias solicitudes, daráselle prioridade ás familias socias do Anpa; seguidos polos docentes do centro; e finalmente, o resto das familias.

A data límite de recepción de solicitudes será o 20 de Febreiro.

 

En caso de poder atender a vosa solicitude, acordaremos unha data para que podades recoller o material no local do  Anpa. 

Unha vez concluído este proceso, todo o material que non sexa recolleito será trasladado ao punto limpo para a súa posterior reciclaxe.

 

Imaxes de Freepik