Asemblea Xeral 2025/2026

A presidenta da ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais e nais de alumnos socios do centro, a Asamblea Xeral Ordinaria que se levará a cabo o martes 23 de setembro de 2025 ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria no salón de actos do instituto.

LUGAR E DATA

Día: martes  23 de setembro do 2025

Hora: 18:00 en primeira convocatoria. 18.30 en segunda convocatoria

Lugar: Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga

 

ORDE DO DÍA:

  • Curso 2024/2025
    • Informe de actividades realizadas no curso 2024/2025
    • Lectura e aprobación das contas anuais
  • Curso 2025/2026
    • Presentación de proxectos para o curso 2025/2026
    • Aprobación de presupostos para o curso 2025/2026
  • Aprobación da  reforma de Estatutos da Asociación
  • Renovación da Xunta Directiva
  • Aprobación da modificación da cuantía do donativo aportado polos  socios
  • Outros temas de interés
  • Rogos e preguntas

 

No caso de non poder asistir e querer delegar o voso voto, podedes empregar o seguinte modelo: ANPA IESSDM – Delegación de Voto

 

Asemblea Extraordinaria Xunio 2025

A Vicepresesidenta do ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais e nais  asociados á seguinte Asemblea Xeral Extraordinaria

Lugar e Data

Día: xoves 05 de xunio do 2025
Hora: 18:30 en primeira convocatoria, e 19:00 en segunda convocatoria
Lugar: Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga


Orde do Día
  • Exposición sobre a  situación actual da Xunta Directiva e a necesidade de relevo de cargos no vindeiro curso 
  • Votación sobre a continuidade de certas actividades
    • Votación sobre a continuidade do Banco de Libros durante o curso 2025/2026
    • Votación sobre a continuidade do English Club durante o curso 2025/2026
  • Rogos e Preguntas
 
No caso de non poder asistir e querer delegar o voso voto, podedes empregar o modelo dispoñible no seguinte enlace:   ANPA IESSDM – Delegacion de Voto

Escola de Nais e Pais: Charla de Saúde Emocional

Navegando pola tormenta de emocións dos nosos fillos e fillas: axudando ás familias a entender o cerebro adolescente.

O próximo martes 3 de decembro ás 18.00 convidámosvos a asistir á charla de Saúde Emocional impartida pola colaboradora Raquel Fernández Domínguez.

A charla terá lugar no Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga

De que falaremos?

Neste obradoiro, Raquel Fernández axudaranos a comprender mellor o funcionamento do cerebro adolescente e o papel crucial das relacións de apego no seu desenvolvemento emocional. Exploraremos como estas conexións inflúen na capacidade de xestión emocional e a resiliencia dos adolescentes antes as dificultades.

Como inscribirse?

Esta charla forma parte do Escola de Nais e Pais, un programa impulsado polo Anpa coa colaboración do  Centro Educativo.

A charla é de balde; e podédesvos inscribir neste enlace

Sobre a poñente

Raquel Fernández é educadora social e pedagoga cunha amplia traxectoria no ámbito da saúde mental. Conta con máis de 15 anos de experiencia traballando con menores gravemente traumatizdos, ofrecendo apoio ás súas familias e supervisión a profesionais de protección infantil. Ademais, imparte formación sobre apego, regulación emocional e trauma para educadores, profesionais da protección á infancia e familias; contribuíndo á prevención e coidado emocional dos menores.

English Club

O English Club é unha actividade extraescolar coordinada desde o Anpa e  impartida  pola empresa colaboradora  Ludus English.

A actividade desenvólvese en tres grupos:

  • Xoves 16.30-18.30 no propio instituto
    • English Club para alumnos de 1º, 2º e 3º ESO.
  • Venres 16.30-18.30 no centro adscrito “Nosa Señora de Lourdes”
    • English Club para alumnos de 1º, 2º e 3º ESO.
    • Clases de conversación avanzada para 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH 

A actividade ten un custo de 22,50 €/mes; e para participar nela é imprescindible ser socio do ANPA.

Os interesados podedes solicitar a inscrición achegando o formulario á dirección de correo Ludus English

 

Tedes toda a información na páxina do  English Club