Banco de Libros solidario

O Banco de Libros Solidario é un servizo educativo de carácter solidario ofrecido e xestionado polo ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA; co obxectivo  de distribuír libros entre o colectivo de familias do instituto IES SALVADOR DE MADARIAGA.

Os obxectivos do Banco de libros son:

  • Axudar ao maior número de famlias
  • Contribuír a unha economía circular
  • Fomentar a igualdade entre o alumnado da nosa comunidade. 

A implementación de calquera proxecto conleva obstáculos.

Debido aos cambios nos plans de estudos esta iniciativa ten que ser posta en marcha desde cero.

As familias debemos ser conscientes de que:

  • Os recursos crecerán na medida en que todos esteamos dispostos a achegar.
  • Canto máis acheguemos, máis beneficio para a comunidade no seu conxunto.
  • O carácter solidario do proxecto conleva que entendamos que existen casos prioritarios.
  • O ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA é unha organización sen ánimo de lucro que funciona grazas a persoas voluntarias que achegan o seu tempo, coñecementos e esforzo de forma desinteresada para que isto sexa posible. A nosa presenza está condicionada polas nosas propias circunstancias.

Que materiais se inclúen no Banco de Libros?

  • Forman parte deste sistema os libros de texto curriculares que estean en bo estado de uso e fosen requiridos polo centro IES Salvador de Madariaga para a súa utilización na aula.
  • O libro debe ser orixinal, non se admiten falsas reproducións nin fotocopias
  • O material doado pasa a ser propiedade do ANPA IES SALVADOR DE  MADARIAGA, que se compromete a usalo e xestionalo coa finalidade para a que foi recolleito, ata que devandito material non sexa apto para o seu uso no centro.

Quen pode achegar material ao BANCO DE LIBROS?

  • Calquera persoa ou institución pode achegar material ao proxecto.
  • A doazón non outorga dereitos adicionais aos doantes, que participan de forma solidaria e desinteresada.

Quen xestiona BANCO DE LIBROS?

O Banco de libros está xestionado pola Xunta Directiva do ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA

 e as súas funcións a este respecto serán:

  • Recoller, revisar e custodiar os exemplares que se entreguen.
  • Realizar un banco de datos das familias participantes.
  • Impulsar e tramitar novas incorporacións ao Fondo Banco de Libros.
  • Asignar os libros entregados de forma equitativa, solidaria e xusta.
  • Emitir documentación de recollida e entrega de todo o material, nun exercicio de absoluta transparencia