A ANPA

A Anpa IES Salvador de Madariaga – Uno  é unha asociación sen ánimo de lucro que colabora coa comunidade educativa para mellorar a calidade da convivencia e do ensino no centro.

Se tes algunha suxerencia sobre como mellorar os nosos servizos estaríamos encantados de escoitarte.

 

Aínda non es socio ?

Deixa que che contemos 10 razóns para apuntarse na ANPA:

  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
  2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  3. Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
  4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  5. Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
  6. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… por quén o faremos?
  7. Porque se os pais e as nais non somos activos e participativos, cómo explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
  8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
  9. Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
  10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.

A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA colabora cada ano co Instituto, organizando actividades para todos, pais, nais, alumnos e alumnas.