A presidenta da ANPA IES Salvador de Madariaga convoca a todos os pais, nais, titores ou titoras de alumnos do centro socios da ANPA, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o martes 27 de outubro de 2026, no salón de actos do instituto, ás 18:00 horas en primeira convocatoria, ás 18:30 en segunda.
LUGAR E DATA
Día: martes 27 de outubro do 2026
Hora: 18:00 en primeira convocatoria. 18.30 en segunda convocatoria
Lugar: Salón de Actos do IES Salvador de Madariaga
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da Asemblea anterior.
- Curso 2025/2026
- Informe de actividades realizadas no curso 2025/2026.
- Lectura e aprobación, se procede, das contas anuais.
- Curso 2026/2027
- Presentación de proxectos para o curso 2026/2027.
- Aprobación do orzamento para o curso 2026/2027.
- Proposta de candidatos/as a incorporarse á Xunta Directiva e outros cambios.
- Rogos e preguntas
No caso de non poder asistir e querer delegar o voso voto, podedes empregar o seguinte modelo ANPA IESSDM – DelegacionVoto