Bo día familias da ANPA,
Nesta situación excepcional de confinamento o IES Salvador de Madariaga está a utilizar ferramentas dixitais para manter, na medida do posible, o proceso de ensino e aprendizaxe co alumnado. Desde o Departamento de Orientación, e seguindo con esta liña de traballo telemático, estamos a trasladar á comunidade educativa aqueles contidos que consideremos de interese. Podedes atopalos na páxina web do instituto, dentro de “Departamentos”, ir a “Orientación” e a “Recursos”.
Ademais, aproveitando esta comunicación, queremos informarvos que a vindeira semana, do luns 6 ao mércores 8, a Universidade de Santiago (USC) vai a realizar unhas xornadas de encontros virtuais para acercar ao alumnado de secundaria e as súas familias á universidade.
A través da páxina https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais os alumnos e alumnas encontrarán:
• Presentacións das titulacións
• Obradoiros, Retos, etc.
• Opinión de alumnos/as sobre a titulación
• Pílulas relacionadas coa titulación
• Concursos
• Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Espero que todas as familias da nosa comunidade educativa vos atopedes ben e que poidades levar esta situación o mellor posíbel. Moito ánimo.
Sonia de la Iglesia
Orientadora IES Salvador de Madariaga