O Presidente da ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA, convoca a todos os pais e nais de alumnos do Centro á Asemblea Xeral Ordinaria, o xoves 25 de Outubro de 2018 ás 20,00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20,30 horas, en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Instituto, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
- Lectura da Acta da Asemblea anterior
- Estado das contas e aprobación, se procede, das mesma
- Informe sobre a situación da Asociación: socios, actividades, participación, comunicación, Banco de Libros, local e horario
- Elección de membros da Xunta Directiva
- Proxecto de actividades a realizar neste Curso.
- Rogos e preguntas.