¡FÁITE SOCIO! NA ANPA TRABALLAMOS PARA TODOS/AS
Unha ANPA é unha entidade sen ánimo de lucro formada por nais, pais ou titores legáis do alumnado escolarizado en centros non universitarios e representa para as familias a forma máis eficaz de organizarse dentro da escola.
10 Razóns para pertenecer e traballar nunha ANPA:
1.- Porque é a nosa responsabilidade educar ós nosos fillos e fillas.
2.- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
3.- Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polar Administracións públcas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
4.- Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
5.- Pola importancia de “levar” ós Consellos Escolares a presenza dos pais e nais organizadas nas ANPAS, para defender os intereses de todos, non os individuais.
6.- Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos e fillas, ¿por quén o faremos?
7.- Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, cómo explicar ós nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.
8.- Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
9.- Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
10.- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
Participar é un dereito, pero tamén é un deber social. Na ANPA traballamos para todos/as, por iso debes facerte socio.