10 Razóns para apuntarse na ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA
- Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
- Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
- Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
- Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
- Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… Por quén o faremos?
- Porque se os pais e as nais non somos activos e participativos, cómo explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
- Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
- Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA colabora cada ano co Instituto, organizando actividades para todos, pais, nais, alumnos e alumnas. A ANPA a formamos pais e nais coma tí. Colabora.