ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

 

Todos os anos por estas datas na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibimos a grupos de bacharelato e estudantes a título particular (e/ou familiares) interesados en continuar os seus estudos no noso centro, e tamén acudimos ós centros a compartir esta información.

Dadas as circunstancias actuais non é posible atender estas consultas de xeito presencial, polo que facilitamos información básica a través deste correo por se fose de interese.

———————————-
Compartimos dous pequenos vídeos nos que poden ver a Escola, instalacións e actividades e un arquivo adxunto con información básica.

Escola
Programa Erasmus

Estaremos encantados de atender calquera dúbida no teléfono 885 15 97 35 ou no correo acceso@escolaconservacion.gal

Se queredes compartir información nas vosas redes sociais, a ligazón coa información completa é esta: https://escolaconservacion.gal/acceso-curso-2020-21/

Recibide un afectuoso saúdo

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
r/Xeneral Martitegui s/n, 36002 Pontevedra. Tlf: 886 15 97 35

escolaconservacion.gal
escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal